miércoles, 10 de diciembre de 2014

Ciencia que conta:"As cores do gris"

Hola a todos,
Hoy os traigo un relato del concurso ciencia que conta .
A estos relatos les añadimos hiperenlaces.
Para hacer esta tarea seguí estos pasos:
1º.Elegí el relato que más me gustaba y lo pasé a pdf.
2º.Introduje el archivo Google Drive.
3º.Por último inserté el archivo en el blog.

Aquí os lo dejo, espero que os guste.

As cores do gris Claudia Rivas Guisande IES Chapela (Redondela)

Dende pequeniña preguntárame cal sería a razón pola que os meus ollos miraban o mundo dunha forma tan diferente.
Oía discutir os outros nenos sobre a cor das flores, se eran azuis ou violetas, se rosas ou vermellas...
Todas ficaban iguais aos meus ollos, máis claras, máis escuras, de di- ferentes tamaños e formas, pero se me preguntasen, quizais dixese que eran verdes.
Ensináronme que as follas das plantas son verdes, o ceo azul e a auga non ten cor, aínda que todos a pintabamos de azul tamén, coma o ceo. Lembro que unha vez pintei o mar de violeta; a miña amiga dixérame que se non tiña azul podía pintar coas súas cores.
Naquel entón, era aínda moi pequena para entender que os meus amigos vían as cousas dunha forma na que eu non podería facelo. Tardei en comprender que as cores eran algo descoñecido para min, e sempre o serían.
Os meus ollos non poden ver as cores, como se vivise a diario nunha película antiga; só branco, gris e negro. Coma os cans?, preguntarédes- vos. Pois non.
Agora eu son científica, e todo o que investigo ten que ver coa visión. Debido á miña incapacidade para diferenciar as cores, non podo traba- llar con químicos, pero non teño problema á hora de buscar información ou comparar resultados. Mesmo podo facer experimentos, mentres non precise diferenciar cores para levalos a cabo.
Na actualidade, sei dabondo cal gris é o verde e cal é o vermello, aín- da que non poida ver a cor verdadeira, recoñezo o ton de gris que os identifica. Non podo imaxinar un mundo de cores, para min todas as co- res son como eu as vexo, o amarelo é gris, o marrón é gris, o azul é gris.
Pero iso é para todos os que vedes en cor. Aos meus ollos, o que cha- mades gris é todo un mundo de cores diferentes, e non son capaz de su- por como serán as cores que eu non vexo.
Recordo que na escola me dixeran que os cans vían en branco e ne- gro, coma min. Mais vou dicir que certo non era.
O día que mo dixeran, saíra máis que contenta do colexio, brincando e cantaruxando coma unha tola. E é que tiña motivos, agora sabía que non era a única que vía gris escuro e gris claro no lugar de laranxa e amarelo. Cando cheguei á miña casa, apertei o meu canciño entre os meus bra- zos, chea de ledicia. Era un animaliño pequerrecho e peludo, negro e branco, e tiña a lingüiña rosada, que xa sabedes como a vía eu, pero grazas á lingua do meu can o rosa foi o primeiro gris que deixei de confundir coas outras cores.
Non sería ata pasados uns anos, cando descubriría que o meu can aín- da vía máis cores ca min.
Os cans non vían só en branco e negro, senón que tamén podían ver o amarelo e o azul, aínda que non como os ollos humanos o facían, porque os seus ollos estaban feitos para ver cousas que se moven, e non para ver de que cor é o que se está movendo.
O que os meus ollos teñen é algo chamado acromatopsia ou monocro- matismo, que é unha enfermidade conxénita, é dicir, que a teño dende que nacín.
Todos os meus anos de traballo na observación das enfermidades e das alteracións na vista fixéronme coñecer persoas con problemas seme- llantes ao meu.
Moitos coñecedes o daltonismo. Certamente, o monocromatismo é unha das variedades do daltonismo, de feito, a menos usual.
A miña enfermidade é tan pouco usual que está considerada unha «enfermidade rara».
Hai moitos tipos de daltonismo ademais do meu. Unha persoa daltónica non pode diferenciar ben as cores por unha razón que vou explicar. Os ollos teñen dous tipos de células capaces de interpretar a luz. Os bastóns, son os que me funcionan a min, e fan que poidamos ver o branco, os grises e o negro. Mentres que o problema do daltonismo está nos conos, que son os que distinguen as cores. Hai tres tipos de conos: os que perciben a luz de cor vermella, os que o fan coa luz verde e os que perci- ben luz azul.
A todos os meus amigos funcionábanlles ben os conos, e por iso eles non entendían que eu pintase o mar de violeta, cando todos eles sabían que o mar e o ceo se pintaban de azul, mais para min eran iguais os dous. Cando algúns dos conos non funcionan, entón é que tes daltonismo.
imagem-daltonicos-2.jpg

O nome de daltonismo provén do científico John Dalton, que padecía esta enfermidade, e foi o primeiro en investigala e dar unha teoría sobre ela, usando o seu propio problema para ver algunhas cores, como centro da súa investigación, igual que o fago eu agora.
Ai! Lembrei que non vos contei algo importante. Eu sempre saio da casa cunhas lentes escuras. E non é para ir á moda, é que a min me mo- lesta moito a luz, os meus ollos dóenme cando me dá a luz na cara. E é que os meus ollos son moi sensibles á luz, parezo un vampiro.
Aos daltónicos coma min chámannos os «cegos á cor», porque non podemos ver as cores, ou polo menos non todas. Pero tamén é verdade que existen cores que ningunha persoa humana pode ver. Non os con- verte iso en cegos á cor tamén?
Eu non imaxino o violeta. Se digo a verdade, é a miña cor preferida. Por que? Porque é a que me fixo decatarme de que non vía do mesmo xeito que os demais. Moitos pensan que é raro que se non sei como é o violeta, decida que é a cor que máis me gusta. Pois gústame, porque é unha cor fermosa, así como eu a vexo, aínda que non sexa así en realidade.
Incluso había a posibilidade de que tampouco sexa como a vedes, por- que hai cores que ningún humano ve, e que tampouco poderedes imaxi- nar aínda que pechedes os ollos, porque sodes cegos a esas cores. Son os violetas dos vosos grises.

sábado, 29 de noviembre de 2014

Yo de mayor quiero ser...

Hola a todos, aquí os dejo una presentación hecha en google drive sobre lo que quiero estudiar de mayor.
Ha sido fácil hacerla ya que google drive es una herramienta muy buena y sencilla.
Aquí os lo dejo, espero que os guste.

 

viernes, 28 de noviembre de 2014

Sketch-up

Hola a todos, en esta tarea mi compañera Mar y yo hemos tenido que usar el programa Sketch-up para representar esta figura.

Así ha quedado representada en Sketch-up.


Aquí están dibujadas las vistas de la figura: el alzado, la planta y el perfil.


                                     

Y por último estas son las vistas de la figura real:









lunes, 24 de noviembre de 2014

Tweet #culleredopolobotrato

Hola a todos, hoy he publicado en twitter este tweet porque el 25 de noviembre es el día mundial contra la violencia de género, lo he hecho utilizando el hagstag #culleredopolobotrato.
Aquí os lo dejo espero que os guste.

viernes, 21 de noviembre de 2014

Podcast #culleredopolobotrato

Hola a todos, es un podcast contra la violencia de género que he hecho con mi compañera Mar González Lasarte, como el 25 de noviembre es el día contra este tipo de violencia hemos hecho gravado nuestras voces con el móvil y luego las hemos pasado al ordenador para insertarlas en Audacity y poner música de fondo, finalmente lo hemos subido a Soundcloud para poder publicarlo en el blog.
Aquí os lo dejo por si queréis escucharlo y espero que os guste.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Edición de sonido con Audacity.

Hola, esta es una edición de sonido que he hecho con Mar González Lsarte en Audacity, este programa está muy bien para hacer ediciones de este tipo y además es bastante sencillo.
Para poder subirlo aquí primero hemos tenido que subirlo a Soundcloud que también es un buen porgrama y aquí os dejo el enlace por si queréis probarlo, https://soundcloud.com/logout.

lunes, 29 de septiembre de 2014

Presentación del blog

Hola me llamo Cati y en este blog os voy a hablar sobre el maltrato animal, para haceros ver que es tan común que hasta se da en los zoos. ¿Te acuerdas cuando eras pequeño y tus padres o mismo el colegio te llevaba de excursión al zoo? Pues sin darte cuenta promovías ese maltrato ya que como sabrás igual que a ti no creo que a los animales les haga mucha gracia estar encerrados en una jaula toda su vida, asustados por la cantidad de niños que llegan cada día con sus padres para observar como sufren; y lo que más me inquieta es que a eso lo llamen 'educación', y admite que si a un niño pequeño le preguntas si alguna vez ha ido al zoo y te responde que no te resulta hasta extraño.

Otro caso de maltrato animal son las corridas de toros, ¿que nos han hecho esos pobres animales para que nosotros los metamos en un círculo y dejemos que un hombre los mate lentamente mientras lo aplaudimos y que aun encima se lleve su rabo u otra parte de su cuerpo como si fuera un trofeo?, como si se mereciera un premio por lo que acababa de hacer. Pero esto es aun peor que los zoos porque hasta han llegado a decir que esto es un ¡ARTE! Yo cuando oigo esto se me hace un nudo en el estómago imaginando ser yo ese pobre animal.